Os equipos feminino e masculino do Club Halterofilia Cambre ascenden a Primeira

ACoruñaXa
A entidade fai historia na elite nacional deste deporte fai tan só tres anos desde a súa creación en 2021
club cambre
30 Jan 2025

O Club Halterofilia Cambre segue a escribir o seu nome con letras de ouro no deporte galego. O equipo feminino absoluto acadou o ascenso á División de Honra Nacional Absoluta tras proclamarse subcampión da Liga Nacional Absoluta de Primeira División, conseguindo así unha praza na máxima categoría. Este fito cobra aínda máis relevancia ao lograrse en tan só tres anos desde a creación do club en 2021, cun ascenso por ano desde Terceira División ata a elite da halterofilia nacional.

Pero os éxitos non rematan aquí. O equipo masculino absoluto tamén fixo historia ao converterse en subcampión da Liga Nacional Absoluta de Segunda División, o que lle outorga o ascenso directo a Primeira División. Deste xeito, tanto o equipo feminino como o masculino consolidan a súa posición entre os mellores do país, demostrando o gran traballo realizado polo club en tan pouco tempo.

Estes logros reflicten o esforzo, dedicación e talento de deportistas, corpo técnico e de toda a estrutura do Club Halterofilia Cambre, que continúa sumando éxitos e situando a Cambre no máis alto da halterofilia nacional.

0.16442084312439