Os encontros Art Coruña chegan a súa fin este domingo
Este domingo 31 de marzo finaliza o Encontros Art Coruña cun encuentro de mulleres emprendedoras, un programa organizado por Lles Coruña e o Concello da Coruña que durante todo o mes de marzo ofrece actividades protagonizadas por mulleres en distintas facetas (artistas, poetas, emprendedoras...).
Constará das seguintes actividades: ás 13.00 horas, actuará o Coro Cores, dirixido por Pablo Méndez Carreira e de 13:30h a 15:30h actuarán Polos Opostos (Manu López e Carlos Areán). Tamén durante a mañá, presentarase o poemario Sensonauta, de Patricia Fernández, e se desgustarán as tapas de GRECA.
Á tarde, ás 17.00 horas haberá un micro aberto dinamizado pola escritora Branca Trigo, e ás 18.00 horas a última sesión de Vinotetas: Dionisias Galaicas con Adega Atrium Vitis (DO Ribeira Sacra e propiedade de Ana Gadín) e Anónimas Viticulturas (DO Rías Baixas e Chantada, propiedade de María Falcón e Cristina Yagüe).
Como colofón, ás 19.00 horas actuarán Mamen Bazarra e Felipe Bescansa cun espectáculo de literatura e música. Durante toda a xornada expoñerase obra das artistas Ana Alonso, Ana Tomé, Beatriz Clara, Chelo Facal e Isabel Pintado.
Durante toda a xornada expoñerase obras das artistas Ana Alonso, Ana Tomé, Beatriz Clara, Chelo Facal, Isabel Pintado, Inercia Inesperada, María Maquieira, Maica Gómez e Mercedes Touzón, ademais de LOREM, a mostra de Gosia Trebacz Art que poderedes ver durante todo o mes de marzo.