Os cursos de natación e pádel de Carral reuniron a máis de 70 veciños do municipio

ACoruñaXa
Máis de 70 veciños participaron nas actividades veraniegas, e o Concello inicia o VIII Torneo de Pádel con competicións para todas as idades
Imaxe dun dos cursos e natación do Concello de Carral
7 Aug 2024

Carral despediu, nos últimos días, os seus cursos de natación e pádel celebrados durante o mes de xullo, nos que participaron máis de 70 veciños e veciñas de todas as idades. No mes de agosto continuarán os cursos de natación para nenos e nenas, nos que participarán outros 62 pequenos.

Por un lado, as sesións de natación de xullo contaron con 53 nenos e nenas divididos en tres grupos en función das súas idades. Polo outro lado, os cursos de pádel congregaron a un total de 19 inscritos (un de 8 a 14 anos e outro para maiores de 15).

En canto aos cursos de natación de agosto, estas clases levaranse a cabo de luns a venres e ata o 30 de agosto. En canto aos horarios, as sesións faranse de 11.45 a 14.00 horas.

Así mesmo, o Concello iniciou, esta semana, o seu VIII Torneo de Pádel. O certame municipal prolongarase ata o 15 de setembro. As persoas participantes tomarán parte divididos en categorías en función da súa idade. Por unha banda, haberá unha escolar para mozos e mozas de 10 a 14 anos e, pola outra, a de adultos para persoas maiores de 15 anos.

 

0.042285203933716