'Os contos do Lobicán' chega A Fábrica este sábado cun espectáculo de monicreques para público familiar

ACoruñaXa
Redrum Teatro presenta ás 18.00 horas unha proposta en verso, musical e gratuíta
OLEIROS contos do lobican
6 Nov 2025

O Concello de Oleiros programa para este sábado 8 de novembro o espectáculo infantil 'Os contos do Lobicán', da compañía Redrum Teatro, que se representará ás 18.00 horas en A Fábrica. A función é de acceso gratuíto, aínda que é preciso anotarse previamente a través da web municipal. A peza está recomendada para nenas e nenos maiores de 3 anos e ten unha duración aproximada de 40 minutos.

'Os contos do Lobicán' é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, que lle dá a volta aos relatos clásicos mentres transmite valores como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

⚙ Configurar cookies
0.08116602897644