Os colexios de Sada organizan xornadas de portas abertas en febreiro

ACoruñaXa
O Mosteirón, Pedro Barrié de la Maza e Sada y sus Contornos abrirán as súas instalacións ás familias para dar a coñecer a oferta educativa e resolver dúbidas
SADA CEIP PLURILINGÜE O MOSTEIRON
29 Jan 2026

Os centros escolares do municipio de Sada celebrarán durante o mes de febreiro as súas xornadas de portas abertas, unha oportunidade para que as familias coñezan as instalacións, os proxectos educativos e o funcionamento diario dos colexios de cara ao próximo curso.

A programación inclúe tres citas. O CEIP Plurilingüe O Mosteirón abrirá o martes 24 de febreiro, con dous horarios diferenciados (Infantil ás 16.15 horas e Primaria ás 18.00 horas). O CEIP Pedro Barrié de la Maza celebrará a súa xornada o mércores 25 de febreiro ás 16.30 horas. Pola súa banda, o CEIP Sada y sus Contornos recibirá ás familias o xoves 26 de febreiro tamén ás 16.30 horas.

Desde o Concello lembran que para ampliar información e, se é o caso, realizar inscricións, cómpre consultar a páxina web de cada centro escolar, onde se indican os detalles e os pasos a seguir.

⚙ Configurar cookies
0.081984996795654