Os centros cívicos da cidade ofertan sesións de bailes para maiores

ACoruñaXa
Cada ano máis de 18.000 persoas desfrutan desta actividade organizada a diario nos centros cívicos da Coruña
Baile para maiores nos Centros Cívicos da cidade
14 Feb 2024

Os bailes dos centros cívicos son unha actividade moi popular na cidade e da que gozan máis de 18.000 persoas ao ano.

Esta actividade supón unha oportunidade para que as persoas maiores se interrelacionen e socialicen, polo que son unha ferramenta moi útil para combater a soidade non desexada e favorecer o envellecemento activo.

Os días dos bailes nos diferentes centros cívicos da Coruña en horario de 17.00 a 20.30 horas son:

  • Os luns hai baile no centro cívico de Monelos
  • Os martes en Labañou
  • Os xoves no Castrillón e Eirís (en semanas alternas)
  • Os venres nos Mallos
  • Os sábados en San Diego
  • Os domingos en Monte Alto

 

0.19786500930786