Os Bolechas chegan a Miño coa súa xira musical da 'muller orquestra'

ACoruñaXa
O espectáculo familiar celebrarase o sábado 29 de novembro, ás 12.00 horas, no Centro Social da Rúa
BOLECHAS
16 Nov 2025

A exitosa xira musical de Os Bolechas fará unha nova parada en Miño o vindeiro sábado 29 de novembro. A partir das 12.00 horas, o Centro Social da Rúa acollerá o espectáculo teatral da coñecida 'muller orquestra', unha proposta pensada para o público infantil e para as súas familias.

Trala boa acollida das primeiras funcións por toda Galicia, Os Bolechas continúan a súa andaina cun teatro de monicreques no que Pili Bolechas decide converterse nunha artista capaz de tocar varios instrumentos ao mesmo tempo. Tambor, frauta, guitarra, piano ou saxofón sonarán nun escenario no que as nenas e os nenos aprenderán diferentes estilos musicais e descubrirán novos ritmos dunha maneira divertida e participativa.

Esta iniciativa forma parte do programa FalaRedes, impulsado pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, que busca fomentar o uso do galego e ampliar a oferta de lecer no noso idioma. Dirixido especialmente a público de 4 a 9 anos, o espectáculo aposta pola música como ferramenta de aprendizaxe e como ponte de unión entre as familias.

⚙ Configurar cookies
0.07427716255188