Organizan unhas xornadas micolóxicas en Abegondo

ACoruñaXa
O inicio do outono en Abegondo estará marcado por unha completa programación dedicada a un dos produtos estrela da tempada: os cogomelos
setas-cogomelos-micoloxia
8 Out 2024

O inicio do outono en Abegondo estará marcado por unha completa programación dedicada a un dos produtos estrela da tempada: os cogomelos. O Concello organiza as súas consolidadas xornadas micolóxicas, que incluirán sesións teóricas, unha saída ao campo e unha degustación gastronómica. O programa terá lugar do 17 ao 19 de outubro.

O xoves 17 e o venres 18 de outubro, celebraranse charlas na Casa do Concello en horario de 18:30 a 20:30 horas.  Nestas sesións, as persoas participantes aprenderán a identificar as especies de cogomelos máis abundantes en Galicia, así como as variedades tóxicas e non comestibles. O sábado 19 de outubro, a actividade continuará cunha saída ao monte ás 9:30 horas para a recolección de cogomelos.

Posteriormente, os asistentes poderán gozar dunha degustación nun restaurante da zona, onde ademais dos cogomelos, se servirá outro prato típico do outono: o cocido. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 618 740 561. A cota de asistencia é de 25 euros.

0.16270208358765