Organizan unhas xornadas abertas de waterpolo en Betanzos

ACoruñaXa
A actividade se desenvolverá entre os sábados 23 e 30 de novembro
Imaxe dun xogador de waterpolo
19 Nov 2024

O Concello de Betanzos, en colaboración coa Asociación Coruñesa Waterpolo, organiza unhas Xornadas de Portas Abertas de Waterpolo gratuítas dirixidas á rapazada de entre 8 e 13 anos. O evento terá lugar os días 23 e 30 de novembro, entre as 19:00 e as 20:30 h, na piscina climatizada do Complexo Deportivo do Carregal.

Estas xornadas están destinadas a mozos e mozas que queiran coñecer e iniciarse no waterpolo, un deporte que mestura diversión e exercicio en equipo. Como requisito imprescindible, é necesario saber nadar, e os participantes poderán inscribirse en unha ou nas dúas xornadas.

Con esta iniciativa, o Concello de Betanzos busca fomentar a práctica deportiva entre a mocidade, apostando por unha actividade acuática que tivo unha boa acollida nos meses de verán.

Para máis información e inscricións, pódese acceder ao enlace facilitado pola organización.

Waterpolo-scaled
0.19881010055542