Organizan unha charla en Betanzos sobre a prevención de úlceras por presión

ACoruñaXa
Érika Fondo, directora do CMUC, ofrecerá unha conferencia aberta ao público no Edificio Liceo o martes 19 de novembro
betanzos úlceras
16 Nov 2024

O vindeiro martes, 19 de novembro, o Salón Azul do Edificio Liceo de Betanzos acollerá a charla "Prevención de úlceras por presión: coidando a pel". A conferencia, que dará comezo ás 18:00 horas, estará impartida por Érika Fondo, directora do Centro Multidisciplinar de Úlceras Crónicas (CMUC).

Esta charla, organizada co obxectivo de informar sobre a importancia dos coidados da pel para evitar úlceras por presión, contará con entrada libre ata completar o aforo dispoñible. Todas as persoas interesadas poden inscribirse previamente a través da seguinte ligazón habilitada.

Esta iniciativa busca sensibilizar á cidadanía sobre a prevención de lesións na pel, especialmente importante para persoas con mobilidade reducida e os seus coidadores.

0.19289803504944