Organizan na Coruña un rastrillo solidario de Nadal para axudar ás familias necesitadas

O Instituto da Caridade Universal Solidaria (ICUS) organiza este ponte de decembro na Coruña unha nova edición do seu Rastrillo Solidario, unha iniciativa que busca recadar fondos para as familias máis necesitadas.
Os postos estarán situados desde o sábado 6 de decembro ata o luns 8 na rúa Francisco Añón número 8, e o horario de apertura será de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 horas.
Os asistentes atoparán roupa, complementos, produtos de oficina, decoración, artigos de agasallo, xoguetes, produtos para o fogar ou menaxe, entre outros, tanto de primeira como de segunda man.