Ordes recupera as Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca Municipal

ACoruñaXa
Este venres celébrase “As historias de Bemol Pequeno”, sesión de música e narración para nenas e nenos de 4 a 6 anos ás 18.00, con 35 prazas e inscrición gratuíta
ORDES tardes de contos
22 Sep 2025

As Tardes de Contos e Lendas volven esta semana á Biblioteca Municipal de Ordes cunha proposta que mestura narración oral e música: “As historias de Bemol Pequeno”. A cita será este venres, 26 de setembro, ás 18.00, e está pensada para cativada de entre 4 e 6 anos. O aforo dispón de 35 prazas e a inscrición é de balde: pódese reservar chamando ao 981 68 19 92 ou de xeito presencial nos baixos da Alameda.

A posta en escena corre a cargo de Música Miúda e enmárcase no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, que promove a animación á lectura a través de actividades nas bibliotecas públicas, presentándoas como espazos de coñecemento, descubrimento e aprendizaxe en familia. Dende o Concello animan ás familias a chegar con tempo para facilitar o acceso e lembran que as prazas se asignan por orde de inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.098753929138184