Ordes quenta motores para o Entroido 2026 cunha festa infantil no Campomaior e o Sábado de Piñata no Campo da Feira

O Entroido 2026 en Ordes xa ten dúas citas sinaladas no calendario. A primeira será o luns 16 de febreiro, ás 16.30 h, coa Festa de Entroido no pavillón Campomaior, unha proposta pensada para as familias con inchables, xogos e obradoiros para animar a tarde.
A segunda gran xornada chegará o sábado 21 de febreiro, tamén a partir das 16.30 h, co Sábado de Piñata. O Campo da Feira converterase no epicentro do concurso de disfraces, que irá acompañado dun desfile das persoas participantes polas rúas do pobo e da actuación da charanga 'BB+'. O prazo para anotarse permanece aberto ata o 16 de febreiro.
A festa continuará esa mesma noite do luns 16 cun espectáculo no Campo da Feira: Leticia Sabater actuará desde as 22.30 h nun evento con carpa climatizada e máis música en directo e animación.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento de Cultura no 981 680 002 (ext. 4) ou consultar as canles municipais en la web municipal e nas redes sociais.