Ordes organiza unha nova saída de outono para descubrir os ‘Lugares do Paraíso’

ACoruñaXa
A visita guiada, que se celebrará o 16 de novembro, percorrerá a lagoa das Brañas de Valga, a Fraga de Areosa e a fortaleza da Torre
ORDES lugares do paraiso
6 Nov 2025

O Concello de Ordes continúa coa súa programación de saídas culturais e de natureza dentro do ciclo Terras de Ordes. Os lugares do paraíso. A seguinte excursión terá lugar o sábado 16 de novembro e inclúe un percorrido guiado por algúns dos espazos naturais e patrimoniais máis emblemáticos da comarca.

A actividade, de carácter gratuíto, comezará ás 9.30 horas coa saída dende a rúa Entreparques e rematará arredor das 14.30 horas coa chegada de volta a Ordes. O itinerario contempla paradas na lagoa das Brañas de Valga, no centro de interpretación, na Fraga de Areosa e na fortaleza da Torre, lugares destacados polo seu valor ambiental e histórico.

As persoas interesadas poden inscribirse do 3 ao 13 de novembro a través do teléfono ou whatsapp 678 776 951. A iniciativa conta co apoio da Mancomunidade de Ordes e da Deputación da Coruña, que promoven este tipo de saídas como forma de poñer en valor o patrimonio natural e cultural da contorna.

⚙ Configurar cookies
0.072451114654541