Ordes organiza unha excursión a Xuvenlugo o 29 de decembro por 7 euros

ACoruñaXa
A saída será ás 15.00 horas e o regreso ás 22.00 horas e as inscricións permanecen abertas ata o 22 de decembro
xuvenlugo
16 Dec 2025

O Concello de Ordes volverá ofrecer este Nadal unha saída a Xuvenlugo, unha das feiras de ocio infantil e xuvenil máis multitudinarias de Galicia, instalada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante estas datas. A excursión celebrarase o vindeiro 29 de decembro, cunha saída prevista ás 15.00 horas e regreso ás 22.00 horas. O prezo da actividade será de 7 euros.

Desde o Concello lembran que o número de prazas é limitado, polo que se adxudicarán por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Ordes. Outro aspecto a ter en conta é que os e as menores deberán asistir acompañados/as por unha persoa adulta.

O prazo para anotarse arranca este 15 de decembro e permanecerá aberto ata o día 22, realizándose a inscrición nas dependencias municipais.

En canto á oferta de Xuvenlugo, as persoas participantes poderán gozar dunha tarde chea de propostas como xogos, obradoiros e atraccións, ademais de muro de escalada, touro mecánico, inchables, pista de slot ou minigolf. O recinto conta tamén con inchables de gran formato e unha ludoteca.

⚙ Configurar cookies
0.084908008575439