Ordes ofrece unha ruta guiada gratuita polos murais do festival DesOrdes este sábado

O vindeiro sábado 9 de agosto, Ordes converterase de novo nun museo de arte pública ao aire libre coa celebración dunha ruta guiada gratuita polos murais do festival DesOrdes. A actividade desenvolverase de 11.00 a 13.00 horas, con saída e regreso no Parque da Constitución.
Durante o percorrido, a equipa do festival acompañará ás persoas asistentes para coñecer os novos murais en proceso de creación e as obras máis destacadas dos 18 anos de historia do evento, explicando os segredos e curiosidades de cada intervención artística.
A xornada comezará no Parque da Constitución, onde terá lugar a master class de @yoseba_mp e o mercadiño de obra gráfica. O itinerario rematará no mesmo punto, coincidindo coa sesión vermú amenizada por Embruxo Gaiteiros e MØU, nun ambiente festivo e cultural.