Ordes ofrece un curso gratuíto de conservas os días 2, 9 e 16 de outubro na Praza de Abastos

O Concello de Ordes acollerá un curso de conservas no primeiro andar da Praza de Abastos (aula de cociña) os días 2, 9 e 16 de outubro, en horario de 15.30 a 19.30. A iniciativa é de balde e está dirixida a persoas autónomas, desempregadas e traballadoras que queiran iniciarse ou perfeccionar coñecementos neste eido. As inscricións formalízanse nos teléfonos 981 682 908 e 649 886 267 ata completar prazas.
A formación estará impartida por Coqué Saavedra e organízana o Sindicato Labrego Galego–Comisións Labregas e COAG, coa colaboración do Concello de Ordes. O programa está financiado polo MAPA e Formación Agroalimentaria, reforzando a aposta polo aproveitamento responsable dos alimentos e pola capacitación práctica do tecido profesional e da veciñanza.