Ordes licita a mellora de varias vías municipais en Montaos por preto de 390.000 euros

ACoruñaXa
As obras, incluídas no POS+ Adicional 2/2025, contan cun orzamento de 389.935,36 euros e o prazo para presentar ofertas remata o 19 de xaneiro
ORDES camiños
13 Jan 2026

O Concello de Ordes abriu o proceso de licitación para executar obras de mellora do asfaltado e do acondicionamento en varias vías municipais da parroquia de Montaos. A actuación está incluída no POS+ Adicional 2/2025 e conta cun orzamento total de 389.935,36 euros, con impostos incluídos. O prazo para presentar ofertas permanecerá aberto ata o 19 de xaneiro.

O proxecto abrangue a pista que vai desde Queis, por detrás da igrexa, ata o campo de fútbol de Montaos, cunha lonxitude de 870 metros. Tamén se recolle a vía de acceso á Espiñeira, con dous treitos, un de 480 metros de longo e 5,5 metros de ancho, e outro de 175 metros de longo e 5 metros de ancho. A relación inclúe ademais a pista que comunica A Chan coa N-550, cun treito de 110 metros de longo e 4 metros de ancho, e unha vía de servizo na N-550, de 55 metros de longo e 4 metros de ancho. Na Condomiña prevén actuarse en dous treitos, un de 48 metros de longo e 4,8 metros de ancho, e outro de 145 metros de longo e 3,5 metros de ancho.

As intervencións completaranse cos camiños Porta dos Condes a Piñeiro, con tres treitos de 85 metros de longo e 5,5 metros de ancho, de 20 metros de longo e 4,5 metros de ancho, e de 385 metros de longo e 3 metros de ancho, e co camiño que vai desde o interior de Fosado á estación, con dous treitos de 145 metros de longo e 4 metros de ancho, e de 100 metros de longo e 5,9 metros de ancho.

Xunto coa renovación da capa de rodaxe, o Concello inclúe medidas para reforzar a seguridade e mellorar a drenaxe. Entre elas figuran a construción e o arranxo de beiravías, actuacións vinculadas á recollida de pluviais e ao abastecemento, a limpeza de gabias e salvagabias, e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos, ademais da colocación dos sinais de tráfico necesarios.

⚙ Configurar cookies
0.078024864196777