Ordes incorpora ao patrimonio municipal a antiga estación de Ordes-Pontraga

ACoruñaXa
O Concello formalizou con ADIF a compra do conxunto, de case 30.000 m², por 141.886,38 euros e destaca o seu potencial como novo espazo público
ORDES A antiga estación de Ordes-Pontraga
31 Dec 2025

O Concello de Ordes deu un novo paso na ampliación dos espazos públicos coa adquisición da antiga estación de Ordes-Pontraga, que pasa a formar parte do patrimonio municipal. A operación quedou pechada este mércores coa formalización da escritura notarial asinada con ADIF.

O conxunto comprado inclúe dúas parcelas e varias edificacións, cunha superficie total de 29.890 metros cadrados. O importe da adquisición ascende a 141.886,38 euros, segundo informou o propio Concello.

Dende a administración local subliñan que esta incorporación permite seguir medrando no ámbito do lecer e as zonas verdes, xa que a área municipal destinada a estes usos supera na actualidade as 7 hectáreas de propiedade pública. O goberno municipal apunta que se trata dun lugar con posibilidades para recuperar e coidar, poñéndoo ao servizo da veciñanza e mantendo a memoria do espazo, ao tempo que se proxecta cara a novos usos de futuro.

⚙ Configurar cookies
0.081288814544678