Ordes celebra o Samaín no Campo da Feira con maxia, obradoiros e verbena

ACoruñaXa
Este venres 31 de outubro haberá Mago Piter, pintacaras, disco móbil CDC e a orquestra Origen; o aparcadoiro está cortado desde hoxe ás 15.00
ORDES samain
31 Oct 2025

O Campo da Feira acollerá este venres a gran festa de Samaín, unha proposta para todos os públicos organizada pola Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes co apoio do Concello, a Mancomunidade da Comarca e a Xunta de Galicia. Para a montaxe, o acceso á zona de aparcamento permanece cortado desde hoxe ás 15.00 horas.

A programación arrinca ás 19.00 co espectáculo A maleta máxica do Mago Piter e, de xeito simultáneo ata as 21.00, cun obradoiro de pintacaras e maquillaxe para a cativada. A partir das 22.30, a pista encherase co ritmo da disco móbil CDC e a actuación da orquestra Origen.

A organización instalará carpa climatizada para garantir o desfrute aínda que faga frío ou chova, e anima a veciñanza a acudir disfrazada para darlle máis ambiente á celebración.

⚙ Configurar cookies
0.073141098022461