Ordes celebra o sábado 23 a 'III Festa da ra de Santo Antón'
Os veciños da parroquia de Lesta, no Concello de Ordes, celebrarán a terceira edición da Festa da Ra o sábado 23 de Marzo cunha comida con música. A festa terá lugar na Pista Polideportiva ás 13.00 horas e haberá carpa e bochinche.
O motivo da celebración desta festa é que na parroquia de Lesta estaba prevista a construción dunha entulleira de toda clase de residuos e grazas a que uns biólogos atoparon no lugar a ra de San Antonio, que se atopa protexida, logrouse frear a súa construción. Así, naceu esta festa na parroquia.
Para poder comer na festa será necesario retirar previamente uns boletos, este poderanse conseguir a través da asociación de veciños, no bar Rosenda en As Pontes (Santaia) e no bar Xesteda en Xesteda. A data límite para a recollida dos boletos é o domingo 17 de marzo.
O menú da comida para os adultos é pulpo á feira, churrasco e postre. Ademais, haberá auga, refrescos e café. Os activos poderán comer milanesas a previo encargo coa compra das entradas.
O prezo da comida será de 38 euros para os maiores de 11 anos e de 18 euros para os cativos de 6 a 11 anos e gratis para nenos e nenas de 0 a 5 anos.
Ademais, as persoas con boletos poderán optar a un sorteo dun premio.