Ordes anuncia cortes de electricidade por labores de mantemento en agosto

ACoruñaXa
UFD-Naturgy informou de interrupcións no servizo os días 20 e 21 que afectarán a diferentes rúas e lugares do municipio
ORDES cortes luz
19 Aug 2025

O Concello de Ordes comunicou que, segundo a empresa distribuidora UFD-Naturgy, os vindeiros mércores 20 e xoves 21 de agosto de 2025 produciranse varios cortes programados no subministro eléctrico debido a traballos de mantemento. As interrupcións afectarán tanto ao núcleo urbano como a distintas parroquias.

Na xornada do mércores 20, entre as 03.00 e as 06.00 horas, quedarán sen luz Castrelos, Codeseda, Menlle e Pedreira. Entre as 02.00 e as 05.00 horas, os cortes chegarán a Ramos, Rúa (Buscas) e Verdial. Ademais, de 01.00 a 04.00 horas, veranse afectados veciños das rúas Lagartos, República Arxentina, Rosalía de Castro e da Prolongación Lagartos.

O xoves 21 as interrupcións comezarán á medianoite: de 00:00 a 03:00 horas non haberá subministro na rúa Fábrica, Viriato Lamas e Travesía Mina. Posteriormente, entre as 02.00 e as 05.00 horas, sufrirán cortes varias vivendas do Mesón do Vento, incluídas rúas como Santiago Apóstol, Folgueira e números do lugar O Mesón do Vento. Finalmente, de 03.00 a 07.00 horas, a afectación trasladarase ás rúas Alfonso Senra, Canteira, Compostela, Mercado, Ramón Ferreiro e á Praza de Abastos.

Tanto o Concello como a compañía solicitan desculpas polas molestias ocasionadas e lembran que, para máis información, está dispoñible o teléfono gratuíto 900 333 999.

⚙ Configurar cookies
0.21392703056335