Ordes acollerá un curso básico de aplicador de produtos fitosanitarios

O municipio de Ordes acollerá un curso de nivel básico para aplicadores de produtos fitosanitarios, unha formación dirixida a profesionais do sector agrícola e a todas aquelas persoas interesadas en obter a acreditación necesaria para o uso seguro destes produtos.
As sesións desenvolveranse no Centro Isabel Zendal os días 29 e 30 de novembro e 13 e 14 de decembro, cun prezo de 125 euros. A actividade busca mellorar o coñecemento sobre o manexo responsable e a aplicación segura de fitosanitarios, reducindo riscos tanto para o medio ambiente como para a saúde das persoas usuarias.
As prazas son limitadas e a realización do curso queda condicionada á inscrición dun número mínimo de participantes. As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa matrícula chamando ao 654 118 627.