Ordes acolle a XIII Exhibición de Patinaxe Artística con 220 patinadores e patinadoras

ACoruñaXa
Un evento xa consolidado no calendario deportivo local e organizado polo Club de Patinaxe Artística Galia
patinaxe-ordes
10 May 2025

Este vindeiro domingo, 11 de maio, o pavillón Castelao I de Ordes converterase no escenario da XIII Exhibición de Patinaxe Artística, un evento xa consolidado no calendario deportivo local.

A cita, que dará comezo ás 12,00 horas, reunirá un total de 220 patinadores e patinadoras pertencentes ao Club de Patinaxe Artística Galia, así como aos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento.

Ao remate da exhibición terá lugar a entrega de medallas, nun acto que contará coa presenza de Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes.

A organización corre a cargo do Club de Patinaxe Artística Galia e conta co apoio do Concello de Ordes, a Xunta de Galicia e Deporte Galego, nunha clara aposta pola promoción do deporte base e da patinaxe artística na comarca.

⚙ Configurar cookies
0.17852902412415