Ordes abre o prazo para o Christmas Camp 2025, o campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 12 anos

ACoruñaXa
O Concello, en colaboración con Escuela Contalento, ofrecerá do 22 de decembro ao 7 de xaneiro actividades lúdico-educativas en horario de 9.00 a 14.00 horas cun prezo de 40 euros e descontos para familias numerosas
ORDES christmas camp
11 Dec 2025

O Concello de Ordes vén de anunciar unha nova edición do seu campamento de Nadal, o Christmas Camp 2025, pensado para facilitar a conciliación familiar ao tempo que ofrece unha proposta educativa e divertida para a rapazada. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa entidade Escuela Contalento e está dirixida a nenas e nenos escolarizados de entre 3 e 12 anos.

O programa desenvolverase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, así como o 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ao longo destas xornadas, as crianzas participarán en actividades lúdico-educativas que inclúen música e movemento, dinámicas de grupo, xogos deportivos, experimentos de ciencia divertida, obradoiros creativos de temática navideña e outras sorpresas preparadas pola organización.

O custe do campamento é de 40 euros, aplicándose un desconto do 50 % ás familias numerosas, que poderán así beneficiarse da metade do prezo. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de decembro.

As persoas interesadas en anotar ás súas fillas e fillos deberán achegarse ao Departamento de Educación, situado na rúa Alfonso Senra 108, primeiro andar, ou contactar co teléfono 981 680 002 (extensión 3) para recibir máis información. Para servizos complementarios, a inscrición poderá realizarse tamén de maneira telemática a través da páxina web de Escuela Contalento, no apartado específico de campamentos.

⚙ Configurar cookies
0.081001996994019