Ordes abre o II Circuíto Galego de Lanzamentos Longos cunha primeira xornada este domingo 11 de xaneiro

ACoruñaXa
O centro de lanzamentos da Cidade Deportiva de Vista Alegre acollerá unha xornada de alto nivel en disco, martelo e xavelina, dentro dun calendario con cinco citas ao longo de 2026
ORDES circuito galego
9 Jan 2026

As pistas de Ordes volverán ser escenario do atletismo galego este domingo 11 de xaneiro coa celebración da 1ª xornada do II Circuíto Galego de Lanzamentos Longos. A competición disputarase no centro de lanzamentos da Cidade Deportiva de Vista Alegre, instalacións homologadas nas que se reunirán especialistas de diferentes categorías e clubs.

O Concello anima á veciñanza a achegarse para competir, apoiar ou simplemente gozar dunha xornada centrada nas disciplinas de disco, martelo e xavelina, con participación prevista de lanzadores e lanzadoras de alto nivel.

O circuíto, organizado pola Federación Galega de Atletismo e co apoio institucional, terá en Ordes todas as súas datas de 2026: ademais da cita do día 11, tamén están programadas xornadas o 18 de xaneiro, o 22 de abril, o 17 de xuño e na fin de semana do 12 e 13 de decembro

⚙ Configurar cookies
0.077315092086792