Ordes abre a inscrición para o Campus de Nadal 2025-2026 de futsal

ACoruñaXa
Os nenos de 5 a 16 anos poderan adestrar co Jogafan Ordes FS nas vacacións de Nadal con sesións de 9.00 a 14.00 horas e prazas limitadas
ORDES campamento nadal
20 Nov 2025

O Concello de Ordes e o club Jogafan Ordes FS veñen de abrir o prazo de inscrición para o Campus de Nadal 2025-2026, unha proposta deportiva centrada no futsal e dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos.

O campus desenvolverase en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, durante varios días das vacacións: o 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e o 2 e 5 de xaneiro. Ao longo destas xornadas a rapazada traballará exercicio técnico e táctico de futsal, coordinación, xogos e outros deportes complementarios, combinando aprendizaxe e diversión nun ambiente lúdico.

Desde a organización lembran que as prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a reserva canto antes. As persoas interesadas poden solicitar máis información e completar a inscrición chamando ao teléfono 608 45 17 23.

Co Campus de Nadal, Ordes reforza a súa aposta polo deporte de base e pola conciliación familiar durante o período non lectivo, ofrecendo unha alternativa saudable de lecer para a mocidade do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.076421022415161