Opinión: San Xiao 2026

Por Julia Mª Dopico Vale e Piñeiro
O mércores 7 de xaneiro, como é habitual en Ferrol, celebrarase o Día de San Xiao, patrón da cidade. É unha xornada na que se bendicen os fogares e os lugares de traballo, e se pide protección para os viaxeiros e para aqueles que se atopan lonxe do seu fogar. Desde o punto de vista civil, o Concello conmemora este día cun acto no Teatro Jofre, no que se recibe á Corporación Municipal irmandada de Lugo, un momento entrañable no que se intensifican os lazos de unión entre ambas cidades, algo que se reflicte musicalmente coa peza máis popular do compositor Gregorio Baudot: o “Pasodoble Lugo-Ferrol”.
Posteriormente, rendense homenaxes ás persoas destacadas polo seu traballo en beneficio de Ferrol e dos ferroláns. Nesta ocasión, como “Ferrolá do ano”, recoñécese á historiadora e escritora Esperanza Piñeiro de San Miguel, nativa de Vigo pero vinculada á cidade con longa traxectoria: “Ferrol é a miña casa, unha cidade repleta de xente xenerosa, solidaria e creativa”. A Esperanza débense aportacións que enriquecen a historia da “cidade de ferro”, reflexadas en títulos como “Lendas e relatos ferroláns” ou “Xentes dos mares de Ferrol”.
Xunto a ela recibirán as insignias de ouro da cidade Manuel Luaces Rodríguez (a título póstumo), Andrés Gabarres Cagiao, José Martínez Vidal e Celestina Martínez García, Ana Isabel Bello Platas e Teresa Valcarce Graciani.
Despois, no ambigú, servirase o tradicional arroz con leite, xa co inicio preparado para o 2026. Parabéns aos premiados e a todos os que celebran o San Xiao.