Once titulados en FP da Coruña terán a oportunidade de realizar estadías formativas en cinco cidades europeas

ACoruñaXa
O programa municipal ‘Proxecto Acoreuropa’ concede bolsas para formación en Praga, Padua, Florencia, Lisboa e Viena de setembro a decembro
Imaxe recurso dunha bolsa de educación
30 Ago 2024

O Concello da Coruña, a través do proxecto de mobilidade Erasmus+ ‘Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa XII’, otorgará once bolsas para realizar estadías formativas de tres meses en cinco destinos europeos. Este programa está dirixido a mozos e mozas que acaban de completar ciclos superiores de Formación Profesional e que se atopan en situación de desemprego, sen experiencia profesional previa.

A convocatoria, que se abrirá este luns, 2 de setembro, cubrirá gastos de viaxe, aloxamento e seguro, así como unha axuda económica de 1.500 euros para a manutención. As estadías terán lugar en Praga (República Checa), Padua e Florencia (Italia), Lisboa (Portugal) e Viena (Austria), entre o 11 de setembro e o 11 de decembro. A selección final das bolsas inclúe:

  • Dúas bolsas para Praga en inglés
  • Catro bolsas para Padua en italiano
  • Duas bolsas para Florencia en italiano
  • Unha bolsa para Lisboa en portugués
  • Dúas bolsas para Viena en alemán ou inglés

O proxecto, cofinanciado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) cun orzamento total de 53.354,46 euros (34.104,46 euros achegados polo Concello), busca proporcionar unha primeira experiencia profesional no estranxeiro, mellorar habilidades lingüísticas e fomentar o desenvolvemento persoal e profesional dos participantes.

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, destacou a importancia do programa como unha oportunidade única para os mozos e mozas: “A experiencia de formarse durante tres meses en Europa permitirá mellorar tanto o dominio de idiomas como as habilidades persoais e profesionais, abrindo novas portas no mercado laboral”.

O xoves 5 de setembro, ás 12.00 horas, terá lugar unha reunión informativa para os seleccionados, onde se asinarán os convenios e se ofrecerán detalles sobre a súa estadía e preparación previa. Desde o inicio do programa en 2012, 248 titulados/as de FP participaron, contribuíndo ao éxito do ‘Proxecto Acoreuropa’.

0.19005799293518