Omar Montes actúa hoxe na Coruña como parte das Festas de María Pita

ACoruñaXa
O madrileño, que conta con máis de 10 millóns de oíntes mensuais en Spotify, interpretará os seus grandes éxitos
Imaxe de Omar Montes
5 Ago 2024

O contante de música urbana Omar Montes chegá ás festas de María Pita este luns 5 de agosto. O concerto terá lugar ás 22.00 horas na Praza de María Pita e forma parte do amplo programa festivo deseñado polo Goberno local para os meses de verán.

O madrileño, que conta con máis de 10 millóns de oíntes mensuais en Spotify, interpretará os seus grandes éxitos como ‘El conjuntito’, ‘Alocao’, ‘El Pantalón’ ou ‘Yotuloko’. Poralle ritmo a unha semana chea de música en toda a cidade coa chegada do Festival Pop Rock Noroeste Estrella Galicia.

Omar Montes é un dos creadores da vangarda urbana en España e un dos artistas españois de máis éxito dos últimos anos. Continuou coa tradición de fusionar o flamenco con ritmos afroamericanos e converténdose nun dos máximos expoñentes do novo “flamenco urbano” fusionando trap, hip hop, EDM, reggae e reggaeton con flamenco.

Noites de María Pita

  • 5 de agosto: Omar Montes – 22.00 horas
  • 6 de agosto: Locos por la Música – 20.30 horas
  • 12 de agosto: La Plazuela – 22.00 horas
  • 13 de agosto: Ariel Rot – 22.00 horas
  • 14 de agosto: Budiño – 22.00 horas

Servizo especial de transporte

Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.

Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento ‘Locos Coruña’. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:

  • Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
  • Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
  • Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os
  • Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
  • Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
  • Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
  • Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo

Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.

0.19065403938293