Oleiros reforza a seguridade cun Punto Violeta nas festas de Santa Cruz

ACoruñaXa
O espazo estará operativo no parque Luis Seoane para ofrecer atención, prevención e sensibilización contra a violencia machista e LGTBIfobia
OLEIROS punto violeta festas
21 Aug 2025

As festas de Santa Cruz, que se desenvolverán do 21 ao 26 de agosto en Oleiros, contarán cun Punto Violeta como medida de prevención e apoio fronte a situacións de violencia machista, violencia sexual ou LGTBIfobia. O servizo estará dispoñible no parque Luis Seoane entre o xoves 21 e o luns 25, en horario de 23.00 a 03.00 horas.

O Punto Violeta funcionará como lugar de acollida, información e acompañamento, coordinado por persoal especializado en atención psicolóxica e en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén servirá como espazo de sensibilización aberto á cidadanía, no que se repartirá material divulgativo e se organizarán actividades de concienciación adaptadas a diferentes idades.

Con esta iniciativa, o Concello de Oleiros reitera o seu compromiso cunhas festas seguras e inclusivas, facendo un chamamento ao respecto mutuo e á responsabilidade colectiva para que toda a veciñanza e visitantes poidan desfrutar en liberdade.

⚙ Configurar cookies
0.42950010299683