Oleiros promove rutas guiadas para descubrir a riqueza natural da Costa de Dexo-Serantes

ACoruñaXa
O Concello organiza percorridos gratuítos de fin de semana polo Monumento Natural con guía especializada
OLEIROS Rutas guiadas
7 Aug 2025

O Concello de Oleiros impulsa unha nova proposta ambiental coa organización de rutas guiadas interpretativas gratuítas polo Monumento Natural da Costa de Serantes e Dexo, que se desenvolverán desde o 10 de agosto ata o mes de outubro.

As visitas terán lugar os sábados e domingos ás 10.30 horas da mañá, ofrecendo unha oportunidade única para que a cidadanía explore a xeoloxía, biodiversidade e paisaxe deste espazo protexido, acompañada dunha guía especializada.

O programa inclúe dous itinerarios distintos. Por unha banda a ruta Seixo Branco - Furnas, de 2,5 km, con vistas espectaculares aos cantís e formacións rochosas. E por outro lado a ruta do Porto de Dexo, de 4 km, que ofrece unha experiencia máis completa tanto a nivel natural como cultural.

As persoas interesadas en participar deberán reservar praza previamente a través do formulario dispoñible en liña.

⚙ Configurar cookies
0.20587587356567