Oleiros presenta o programa de actividades para a mocidade do mes e marzo
ACoruñaXa
Destacan actividades como os obradoiros de creación de abelorios, noites de xogos e durmida, foliada da mocidade, saída a Ourense, obradoiro de desodorizante bio ou obradoiros de cociña
24 Feb 2024
Durante o mes de marzo terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras e en Portaberta de Oleiros dirixidas á rapazada entre 14 e 30 anos.
Neste sentido, as Casas da Mocidade levan adiante unha nova programación para o mes de marzo no que destacan actividades como o obradoiros de creación de abelorios, noites de xogos e durmida, foliada da mocidade, saída a Ourense, obradoiro de desodorizante bio ou obradoiros de cociña.
O prazo de inscrición nas diferentes actividades está aberto desde o 19 de febreiro ás 18.00 horas. A inscrición nas actividades é gratuíta e finaliza o domingo anterior á realización da mesma: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e teléfonos 981 977944-981614083.