Oleiros premiará ás persoas máis lectoras das súas bibliotecas municipais o 18 de decembro

ACoruñaXa
A entrega de galardóns será ás 17.00 no Teatro As Torres de Santa Cruz e rematará co espectáculo familiar de Dani Blanco 'Circo na biblioteca'
tablet-literatura-libros-diccionario-poesia
15 Dec 2025

O Concello de Oleiros celebrará este xoves 18 de decembro, ás 17.00 horas, a entrega de premios ás persoas máis lectoras das bibliotecas municipais. O acto terá lugar no Teatro As Torres de Santa Cruz e está concibido como unha cita aberta ao público, con entrada libre ata completar aforo.

Os recoñecementos repártense en catro categorías segundo a idade e inclúen tres premios por cada unha delas. As persoas gañadoras recibirán tarxetas regalo con diferentes importes (en función de se se trata do 1º, 2º ou 3º premio), válidas para mercar libros e tamén materiais informáticos, audiográficos ou videográficos.

A xornada pecharase coa actuación de Dani Blanco e o seu espectáculo 'CIRCO NA BIBLIOTECA', unha proposta de malabares, equilibrio e humor pensada para público familiar. Para asistir a esta parte final será necesaria inscrición previa a través da web.

⚙ Configurar cookies
0.085283994674683