Oleiros pide colaboración veciñal tras os danos nunha pasarela do Parque das Trece Rosas

ACoruñaXa
O Concello investiga o impacto dun vehículo na estrutura e solicita achegas de testemuñas, imaxes ou datos
OLEIROS parque das trece rosas
1 Oct 2025

O Concello de Oleiros denunciou que un vehículo destrozou parte da pasarela do Parque das Trece Rosas, en Santa Cruz–Bastiagueiriño, e abriu unha investigación para aclarar os feitos. A administración local lanzou un chamamento público para recoller información que axude a identificar á persoa infractora.

Segundo trasladou o propio Concello nas súas canles oficiais, solicítase a colaboración da veciñanza: quen teña sido testemuña do sucedido ou dispoña de fotografías, vídeos (móbiles, cámaras de coche) ou calquera pista pode poñerse en contacto co consistorio.

O executivo local lembra que o Parque das Trece Rosas é un espazo moi utilizado para paseo e lecer, polo que pide extremar a prudencia e respectar as limitacións de tráfico no contorno mentres se avalían os danos e se programa a reparación da pasarela.

As achegas poden remitirse aos servizos municipais chamando ao 981 610 001, teléfono de atención do Concello de Oleiros, ou a través das canles dixitais oficiais.

⚙ Configurar cookies
0.088430166244507