Oleiros organiza unha ruta guiada gratuíta pola Costa Dexo-Serantes o vindeiro 5 de outubro

ACoruñaXa
A Aula do Mar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat levarán a cabo unha xornada pola contorna do Monumento Natural Dexo-Serantes
costa-dexo-serantes
28 Sep 2024

O próximo sábado, 5 de outubro, a Aula do Mar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat levarán a cabo unha xornada pola contorna do Monumento Natural Dexo-Serantes con motivo da celebración da Especie do Ano da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o corvo mariño cristado. Daremos un paseo pola costa de Dexo, o lugar onde a especie do ano do 2024, ten unha das maiores zonas de cría de Galicia.

A xornada, de balde e aberta ao público, previa inscrición, terá lugar o sábado 5 de outubro do 2024, de 17:30 a 19:30 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15960288047791