Oleiros organiza unha excursión a Santiago para ver a obra de teatro 'Os actos e as profecías'

ACoruñaXa
O Centro Dramático Galego convida ao Concello de Oleiros a participar no Programa de Mobilidade 'Sobes ao autobús do teatro?'
Cartel da función 'Os actos e as profecías'
18 Mar 2024

O Centro Dramático Galego convida ao Concello de Oleiros a participar no Programa de Mobilidade 'Sobes ao autobús do teatro?' para asistir o vindeiro 19 de abril á función 'Os actos e as profecías' no Salón Teatro en Santiago de Compostela.

A viaxe no autobús será gratuíta e sairá de Santa Cristina ás 16.00 horas con volta prevista a última hora da tarde. A actividade está dirixida a público adulto, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas.

A obra 'Os actos e as profecías' é unha produción do Centro Dramático Galego baixo a dirección de Tamara Canosa, que inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para lanzar ao aire elementos como o lugar do público na creación hoxe en día, a fama, a competición e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito.

O prazo de inscrición esta dispoñible dende este mércores 20 de marzo ás 10.00 horas a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente na Fábrica de Perillo de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Se se precisa máis información  pode charmase ao Departamento de Cultura no 816 100 00- ext 4 915 e 4 916 ou escribir un correo electrónico  ao enderezo r.caparros@oleiros.org

0.079816102981567