Oleiros organiza rutas guiadas polo Monumento Natural Dexo-Serantes todos os fins de semana de setembro
O Concello de Oleiros organiza rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural Dexo-Serantes, que comezarán o venres 13 de setembro e continuarán todos os venres, sábados e domingos de setembro, agás o domingo 22.
As rutas, de dificultade baixa e aptas para todos os públicos, inclúen a Ruta Seixo Branco-Furnas (3 km), centrada en fauna, flora, xeoloxía e xeomorfoloxía, e a Ruta Portiño de Dexo (4 km), que destaca a etnografía da zona e visita a igrexa de Dexo. Cada ruta terá unha duración de 2 horas e dará comezo ás 10:30 horas.
O período de inscrición está aberto do 10 ao 27 de setembro a través do formulario web. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. Para máis información, pode contactarse co 981 618 154 ou enviar un correo a turismo@oleiros.org.