Oleiros organiza este xoves a III Feira de Orientación académica e profesional

ACoruñaXa
Durante a mañá atenderá aos alumnos de catro centros de ensinanza do Concello, mentres que pola tarde abrirá para todos os públicos
Imaxe recurso de estudantes
11 Mar 2024

O próximo xoves 14 de marzo o o Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz acolle a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato.

Nela participarán trinta entidades entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalaría, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias entre outras, que informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas,  uns 600 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitarán a Feira en distintas quendas. Mentres que pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, o evento abrirá ás súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros en colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria existentes no concello, IES  Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

CARTEL 24.indd
0.14253687858582