Oleiros instalará 9 novas marquesiñas en distintas parroquias nas próximas semanas

ACoruñaXa
O Concello executará a colocación dos refuxios de autobús tras o acordo coa Xunta, que entrega as estruturas sen montar
oleiros marquesina
7 Nov 2025

O Concello de Oleiros avanzará nas próximas semanas na instalación de 9 novas marquesiñas en diferentes puntos do termo municipal, ao abeiro dun acordo coa Xunta de Galicia. Segundo indica o goberno local, tras anos de solicitudes sen resposta, a administración autonómica aceptou finalmente dotar as paradas coas estruturas, aínda que as entrega sen montar.

As marquesiñas situaranse nas paradas do cemiterio de Dorneda, fronte á farmacia de Arillo, na avenida Emilia Pardo Bazán, no Royal Palace (2, unha en cada marxe), na rúa do Traballo, na rúa Lavandeira, na avenida Che Guevara (antes da rotonda) e na entrada da urbanización O Bosque. O Concello asumirá así a montaxe co seu propio servizo para reducir custos e axilizar os prazos.

⚙ Configurar cookies
0.07033109664917