Oleiros inaugura este mércores a exposición de pintura “Pinto que teño que pintar”
ACoruñaXa
A mostra poderá visitarse no Centro Cultural A Fábrica ata o 30 de outubro
13 Out 2024
O mércores 16 de outubro ás 20.00 horas inaugúrase no Centro Cultural A Fábrica mostra colectiva de pintura “Pinto que teño que pintar” do Taller de Polo.
A mostra componse dunha mestura obras do alumnado máis novo, de artistas xa consolidados pasando por aquelas persoas que comezan a súa traxectoria cos pinceis, a pintura e as diferentes técnicas pictóricas.
A exposición permanecerá desde o 16 ao 30 de outubro no hall do Centro Cultural Fábrica. O horario de apertura ao público será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.