Oleiros inaugura a rúa Yasser Arafat en homenaxe ao líder palestino

ACoruñaXa
A rúa forma parte da reorganización viaria de Santa Cruz, conectando as rúas do Souto e Concepción Arenal
oleiros-rua
31 Mar 2025

A figura de Yasser Arafat conta cunha rúa en Oleiros. Foi inaugurada polo alcalde de Oleiros destacando esta figura como home de paz e loitador pola liberdade do pobo palestino. Durante a súa intervención, subliñou o recoñecemento internacional do líder, galardoado co Premio Nobel da Paz e co Princesa de Asturias, e denunciou a masacre perpetrada polo Goberno de Israel en Gaza e Cisxordania. Ademais, lanzou unha mensaxe de esperanza e optimismo afirmando que “o pobo palestino nunca desaparecerá; na súa patria ou na diáspora, seguirá reclamando o seu dereito a vivir en paz na súa terra ata conseguilo”.

O presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, felicitou ao alcalde pola decisión de adicar unha rúa a Arafat, quen, segundo destacou, será lembrado historicamente como o Premio Nobel da Paz de 1994, malia que a ansiada paz nunca chegou a Palestina. Jaber Ibrahim, que coñeceu persoalmente a Arafat, lembrou a súa vida marcada polo exilio, o desprazamento e a loita pola autodeterminación do pobo palestino. Tamén mencionou a súa estadía en Santiago nos anos 90, cando se aloxou no Hotel Eurostars Araguaney.

A nova rúa forma parte da reorganización viaria de Santa Cruz, conectando as rúas do Souto e Concepción Arenal. O seu deseño aposta por un espazo de mobilidade sostible, con pavimento de formigón e lastro para a zona peonil, e un trazado sinuoso que favorece a pacificación do tráfico, reducindo a velocidade a menos de 20 km/h.

O espazo destaca polas súa amplas beirarrúas protexidas con bolardos de granito, favorecendo un paseo seguro e accesible. Ademais, a vexetación integra varios parterres con celosía que permiten o crecemento da herba e a plantación de diversas especies arbóreas. Como parte do proxecto, recuperáronse e podáronse dúoas palmeiras da variedade Washingtonia, para as que se dispuxo un amplo contedor que preserva as súa raíes.

Esta nova vía responde aos modelos urbanos máis avanzados, con tránsito reducido, ausencia de estacionamento e unha clara vocación peonil, promovendo un espazo máis saudable e respectuoso co medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.64386892318726