Oleiros impulsa a mellora do saneamento en San Vicente coa segunda fase do proxecto
O Concello de Carral iniciou esta semana a segunda fase do proxecto de mellora do saneamento na parroquia de San Vicente de Vigo, comezando polo núcleo de Balbén. Próximamente, as actuacións extenderanse ás zonas de Ameás, Parapar e Abrigosa, avanzando así nunha demanda histórica da veciñanza.
O alcalde, Javier Gestal, destacou durante a visita ao inicio das obras que “a implantación do saneamento en todo o municipio é un dos nosos obxectivos principais desde que entramos no goberno”. Esta actuación, financiada a través do plan provincial, consolida o compromiso do executivo local coa modernización das infraestruturas de saneamento.
Gestal lembrou que desde o ano 2010 a depuradora de San Vicente xa estaba operativa, pero sen actuacións complementarias nos gobernos anteriores. “Agora, despois de completar a primeira fase, damos comezo a esta segunda, un pasiño máis para achegar o saneamento a todas as parroquias de Carral”, apuntou.
Aprobación POS 2025 para gastos sociais
En paralelo, o Concello aprobou onte en pleno, por unanimidade, o Pos+Adicional 2025 da Deputación da Coruña, que permitirá dispoñer de 57.309 euros para reforzar os Servizos Sociais. Estes fondos destinaranse á contratación de persoal técnico e administrativo adicional e ao incremento das partidas para axudas de emerxencia destinadas a persoas e familias en risco de exclusión.