Oleiros facilita tres autobuses gratuítos para que os maiores poidan acudir á Romaría das Merendiñas o sábado
ACoruñaXa
Os autobuses percorrerán todas as localidades do municipio
Imaxe do Pazo das Torres de Santa Cruz
30 May 2024
Coa finalidade de facilitar o desprazamento a todas as persoas maiores de 65 anos que desexen participar na Romaría das Merendiñas que se celebra este sábado nos xardíns das Torres de Santa Cruz, o Concello de Oleiros facilitará tres autobuses gratuítos que percorrerán todas as localidades do municipio.
O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12.30 horas. As rutas serán as seguintes:
- Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, A Torre, Igrexa de Dexo, A Escola, Broño, Igrexa de Maianca, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.
- Perillo, Montrove: Centro cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.
- Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada do bus de Betanzos), O Piñeiro, Os Vilares, Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local).
No caso de ser necesario, o bus realizaría unha segunda volta para recoller a todas as persoas que quedasen sen praza.