Oleiros destina 200.000 euros á reparación das cubertas do complexo cultural das Torres de Santa Cruz

ACoruñaXa
A intervención, cun prazo estimado de catro meses, busca frear filtracións de auga e protexer os fondos patrimoniais que se conservan no inmoble
OLEIROS centro cultural e museo as torres
28 Jan 2026

O complexo cultural das Torres de Santa Cruz será obxecto dunha actuación de reparación e rehabilitación das súas cubertas para solucionar as filtracións de auga detectadas e evitar danos tanto na edificación como nos seus elementos construtivos. O Concello de Oleiros destinará 200.236,17 euros a estes traballos, que abranguen as seis cubertas dos edificios que integran o conxunto.

A intervención tamén ten como finalidade preservar a integridade dos bens culturais mobles que alberga o centro, entre eles pezas tradicionais de barro e cerámica, obras pictóricas, documentación bibliográfica e outros elementos etnográficos de valor cultural.

As Torres de Santa Cruz constitúen un conxunto de elevado valor patrimonial e un referente da vida cultural municipal, ao acoller espazos como o Museo Os Oleiros (José María Kaydeda), o Teatro Municipal As Torres e a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller (Rosalía de Castro), entre outras actividades e servizos.

Segundo a previsión municipal, as obras terán unha duración aproximada de catro meses desde o seu inicio.

⚙ Configurar cookies
0.076745986938477