Oleiros celebrará un festival de grupos folclóricos no Auditorio Gabriel García Márquez o 14 de decembro

ACoruñaXa
Seis formacións do municipio actuarán nun encontro aberto ao público no que se destacará a tradición musical local
OLEIROS encontro folclorico
9 Dec 2025

Oleiros acollerá un gran festival de agrupacións folclóricas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o domingo 14 de decembro ás 18.00 horas. A cita reunirá a algunhas das formacións máis representativas do municipio, cun programa que pretende poñer en valor a tradición musical e o patrimonio cultural da zona.

O público poderá desfrutar das actuacións de Semente Nova de Perillo, Os Rueiriños de Nós, Santaia de Santa Cruz, A Marola de Mera, Folliñas de Oleiros e O Amanexo de Dexo, que ofrecerán un repertorio baseado na música e danza tradicional galega.

A entrada será libre e aberta a toda a cidadanía, co obxectivo de facilitar a participación veciñal e promover a difusión das raíces culturais de Oleiros.

⚙ Configurar cookies
0.079149961471558