Oleiros celebrará o Día dos Museos cunha chea de actividades
O Museo Os Oleiros no municipio de Oleiros programa diversas actividades, obradoiros, demostracións, charlas e visitas á colección de olería para celebrar o Día dos Museos.
O sábado 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos cuxo obxectivo principal é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e paz entre os pobos ademais de seren singulares centros educativos, cheos de coñecemento e dinamismo que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico.
Desde o Museo Os Oleiros organízanse varias actividades ao longo de 6 xornadas para conmemorar este día e convidar a toda a veciñanza a gozar do noso museo máis singular, que alberga unha das coleccións de olería máis grandes da península ibérica.
Neste sentido, o sábado 18 de maio ás 17.30 horas terá lugar unha visita guiada ao Museo Os Oleiros e demostración de olería ao vivo para todos os públicos. As inscricións poden facerse a través do seguinte enlace.
O martes 21 de maio ás 17.30 horas terá lugar unha das chalas do programa “Café no museo” impartida pola docente e investigadora Ánxeles Verea e titulada “A Telleira de Santa Ana de Mera”. Para todos os públicos. As inscricións poden facerse no seguinte enlace.
Os días 22, 23 e 24 de maio terá lugar obradoiro de restauración cerámica para maiores de 12 anos que terá lugar no obradoiro municipal de olería. Haberá dúas quendas, as incricións para a primeira queda (de 16.30 a 18.00 horas) deben facerse no seguinte enlace e para a segunda (de 18.30 a 20.00 horas) a través do seguinte enlace.