Oleiros celebrará este martes unha homenaxe a José Martí
ACoruñaXa
O acto será en Perillo e está organizado pola Asociación Francisco Villamil
Casa do Concello de Oleiros
26 Jan 2025
A Asociación Francisco Villamil organiza o vindeiro martes 28 de xaneiro ás 17:30 horas un acto público de conmemoración do 172 aniversario do nacemento de José Martí. Será en Perillo, no parque que leva o seu nome.
Está prevista a intervención de Francisco Sebio, en representación da Asociación Francisco Villamil; Isidro Uffo, da Asociación Cuban@s José Martí; Ingrid Izquierdo, consulesa de Cuba en Santiago e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.
O Consulado General de Cuba en Santiago de Compostela e o Concello de Oleiros colaboran na realización deste acto.