Oleiros asina un convenio coas ANPAS para facilitar o pago das subvencións para comedores escolares

ACoruñaXa
As nais e pais interesados aínda poden solicitar esta axuda económica do Concello para o comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar
Imaxe da reunión coas ANPAS de Oleiros
9 Xul 2024

A concelleira de Servizos Sociais e Igualde de Oleiros, Belén Taboada, asinou esta mañá coas ANPAS do municipio un convenio que axilizará o cobro das subvencións para comedores escolares.

As nais e pais interesados aínda poden solicitar (ata o 18 de xullo) esta axuda económica do Concello para o comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar, que oscilan entre o 100%, o 60% ou o 40%, en función da situación económica familiar.

Grazas ao convenio asinado, as propias ANPAS fanse cargo das xestións para o abonamento destas subvencións que ten que solicitar cada unha das familias beneficiadas. O Concello reitera o seu agradecemento ao traballo destas asociacións de nais e pais pola súa dedicación para facilitar os trámites que conleva esta medida de apoio ás economías familiares e por todo canto fan polo benestar dos nenos e nenas de Oleiros.

0.18834900856018