Oleiros apoia a 'marcha fúnebre' polo ensino público convocada pola ANPA do CEIP Valle Inclán

ACoruñaXa
A protesta celebrarase o domingo 26 de outubro ás 12.00, con saída do Parque Nelson Mandela e sentada pacífica na rotonda do Sol Y Mar
OLEIROS marcha funebre ensino
23 Oct 2025

A ANPA do CEIP Valle Inclán de Perillo convoca para o domingo 26 de outubro ás 12.00 horas unha 'marcha fúnebre' en defensa dun ensino público, inclusivo e de calidade. A andaina partirá da zona da fonte do Parque Nelson Mandela, baixará pola rúa Areal e rematará cunha sentada pacífica na rotonda do Sol Y Mar, o que implicará cortes de tráfico na N-VI, segundo avanzou a asociación.

Coincidindo coa época do Samaín, a ANPA anima ás persoas adultas a asistir vestidas de cor escura e á cativada con disfraces propios da festividade. A chamada diríxese a toda a comunidade educativa.

O Concello de Oleiros expresou o seu apoio ás reivindicacións das ANPA do municipio en favor de mellores servizos educativos públicos e inclusivos, e anima a veciñanza a participar na mobilización. No comunicado municipal non se recollen valoracións da Xunta nin da Consellería de Educación.

⚙ Configurar cookies
0.085011959075928